martes, 11 de diciembre de 2012

CON DARIO, PINTOR, IMAGINANDO FEZ

iMAGINANDO quiere decir "captando imágenes!. Amado con la fotera, Darío con el pincel








 Darío Álvarez Valadares (1956 – Vigo)

Inicia a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde se aplica nas tarefas de debuxo, pintura e modelado, baixo a experiencia de Camilo Nogueira, Remixio e Cabaleiro entre outros, ata comezar a súa andadura artística en 1980 con dúas exposicións colectivas na “Caixa de aforros de Vigo” desta cidade; parte da súa obra está representada na publicación “Plástica galega” editada pola devandita entidade.
Despois de expoñer en  Galicia, Madrid, Miami e Portugal, mantendo asemade relación coa decoración e deseño de porcelana e  gravación; chega a Noia para presentar as súas últimas obras ao óleo. Esta é a súa preferencia, o óleo, que expresa no actual traballo, despois de ter en conta as súas experiencias por parte do mundo (Brasil, Cuba, México, Rusia, Europa Central, India, Uzbekistán, Kazakhstan, China e Norte de África) para plasmalas nos seus cadros que trae agora a cidade de Noia.
Ten  a obra un elemento que a define, un cumio sobranceiro desas experiencias viaxeiras: os mercados; lugar do cotián que reflicten como ningún outro ese elemento primordial, a cor.
A cor das medinas e zocos do Norte de África, dos mercados de froitas de Samarkanda, dos de peixe do sur de Portugal e de Tanxer, os de pombas de Exipto...dos vendedores e mercadores, e dos paseantes de todos eles.

Si alguien quiere contactar con Darío porque le gustan sus cuadros y quiere uno, comentadmelo y yo ya...

No hay comentarios:

Publicar un comentario